Tes convidados esta fin de semana? Pois toma nota porque estás a piques de degustar a empanada máis rica que probases xamais: empanada de pescada.
Ingredientes:
✔️ 1,5 Kg aprox. de filetes ou lombos de Pescada DoNorte (dispoñible nos supermercados Vegalsa Eroski).
✔️ 3 kg de cebolas.
✔️ 4 pementos vermellos.
✔️ 700 gr aprox. de fariña de trigo.
✔️ 1 cucharadita de pemento agridoce.
✔️ 1 vaso de viño branco, aproximadamente 100 ml.
✔️ Sal.
✔️ Aceite de oliva.
✔️ 1 ovo batido.
Preparación:
1. Elimina a pel dos filetes da pescada, bótalle un pouquiño de sal e pásaa por fariña lixeiramente.
2. Pela e corta as cebolas á xuliana e fríteas con poquita sal, removéndoas constantemente ata que estean completamente deshidratadas. A continuación envórcaas sobre un colador e déixaas escorrer presionando de cando en vez ata eliminar completamente o aceite. Resérvao, farache falta despois!
3. Colle unha tixola e bótalle un pouquiño de aceite para marcar a pescada, volta e volta, eh! Moi poucos minutos.
4. Lava e curta en tiras os pementos vermellos e ásaos no forno.
5. Bota unha cullerada de aceite nun vaso e incorpóralle unha cucharadita colmada de pemento. Remóveo ben.
6. Bota 400 gramos de fariña nun cunco e incorpóralle a cunca anterior (paso 5) e o aceite que reservaras das cebolas (paso 2). Remove todo cun garfo para mesturalo moi ben.
7. Bota un pouco de fariña na mesa.
8. Envorca sobre ela a masa anterior (paso 6) e comeza a amasar, integrando aos poucos máis fariña.
9. Cando a masa comece a poñerse dura, engádelle a poquitos o viño branco e continua amasando. Poñerase dura e consistente! Abrandará un pouco co viño, pero debes amasar con forza! Somos DoNorte, que se note!
10. Coloca a masa nunha bóla sobre un pano e envólvea tapándoa por completo. Déixaa repousar durante un intre.
11. Prequenta o forno a 175/ 180º C con calor por arriba e por abaixo.
12. Volve á masa e divídea en 2 partes para cubrir a empanada por arriba e por abaixo. Utiliza un rodete para estendelas. Que o resultado final sexa unha masa moi fina e delgada.
13. Coloca unha das masas sobre unha fonte de forno. E xa podemos empezar a montar a empanada.
14. Bota sobre a masa unha capa de cebola frita.
15. Sobre esta, coloca anacos enteiros de pescada enchendo os ocos con pescada desmigada.
16. Agora coloca unha capa de tiras de pementos asados.
17. E para terminar, bota unha nova capa de cebola frita.
18. Cobre coa outra masa estendida e sela os bordos.
19. Fai o tradicional burato no centro da masa, e bordéao cun rolo de masa.
20. Introduce a bandexa na parte baixa do forno e déixao enfornar durante 1 hora, aproximadamente.
21. Saca a empanada do forno e pincela toda a superficie co ovo batido. Este secará coa calor da empanada.
22. Métea de novo o forno, esta vez na parte de arriba e déixaa gratinar ata que a masa dóurese bastante.
Cheiras xa a cociña? Mmmmmmm… SUBLIME!
Se te animas a preparala, sobe unha foto e etiquétanos en redes sociais: Facebook o Instagram. Aínda non nos segues?