Hoxe traémosvos a segunda parte das receitas que nos preparou Irene, autora do blog “La Cocina de Irene”… Que podemos dicir? Están incribles!
Pescada DoNorte a baixa temperatura con emulsión de pisto
A primeira receita que nos trae Irene é esta incrible pescada a baixa temperatura con emulsión de pisto. Queres aprender a facela?:
Fotografía de “La Cocina de Irene”
Ingredientes:
- Lombos de DoNorte (previamente conxelados).
- Guindilla.
- Allos laminados.
- Aceite de oliva virxe extra.
- Pisto caseiro (tomate, pemento, cabaciña y cebola).
- Tinta de lura.
- 10 g de fariña.
- 80 g de auga.
- 20 g de aceite de oliva.
- Sal.
Preparación:
- Enchemos un cazo cunha boa cantidade de aceite, engadimos guindilla ao gusto e allo laminado. Quentamos a 60º durante 30 minutos (temperatura constante).
- Engadimos os lombos de pescada, que deben quedar cubertos de aceite e cociñamos a 60º durante aproximadamente 20 minutos.
- Preparamos os corais negros: mesturaremos 10 g de fariña, 80 g de auga, 20 g de aceite de oliva e un chisco de sal. Engadimos colorante negro ou tinta de lura.
- Quentamos nunha tixola antiadherente a lume medio, engadimos un pouco de aceite de oliva e cando estea quente, unha cullerada da mestura anterior… pero… Coidado porque salpica! Deixamos que endureza aos poucos e retiramos da tixola con moito coidado.
- Agora imos coa emulsión do pisto! O primeiro é triturar coa batedora o pisto caseiro, engadimos un pouco de auga e coamos cun chinés para quitar posibles peles. Engadimos a unha tixola e deixamos reducir.
- Deixamos a temperatura ambiente e volvemos a triturar mentres imos engadindo aos poucos aceite de oliva ata conseguir unha textura emulsionada.
- Empratamos e… (o máis importante): A desfrutar!
Anímate a preparalo… Non decepciona!
Pescada DoNorte rellena e patacas gratinadas
E para os fans das patacas (que sabemos que hai moitos), Irene tráenos pescada + patacas… Pedazo combinación tan boa, non? Mira que fácil de preparar é!
Fotografía de “La Cocina de Irene”
Ingredientes:
- Cola de Pescada DoNorte.
- Espinacas.
- Ovos.
- Gambas.
- Allos.
- Patatas.
- Maionesa.
Preparación:
- Imos empezar preparando unha tortilla de patacas: salteamos nunha tixola cun pouco de aceite un bo puñado de espinacas frescas, batemos un par de ovos, engadimos as espinacas e preparamos a tortilla. Unha vez feita, reservamos.
- Salteamos unhas gambas nunha tixola cun allo laminado. Retiramos do lume, pelamos e reservamos.
- Collemos a cola de pescada, que previamente haberemos desespinado, salpimentamos e enchemos coa tortilla e as gambas.
- Nunha tixola, poñemos un bo chorro de aceite, uns allos laminados e douramos. Cando estean listos, botámolos por encima da pescada.
- Enfornamos durante aproximadamente 20 minutos.
Para as patacas:
- Machucamos uns allos co morteiro, engadimos unha boa cantidade de maionesa e mesturamos ben.
- Fritimos as patacas, cubrímolas coa mestura anterior e gratinamos no forno.
Agora só queda a mellor parte: A COMER!
Non o penses máis e sorprende a túa familia con estas dúas pedazo de receitas… Podemos asegurar que non defraudarás.
Queremos ver como quedan! Se te animas a preparalas, sube unha foto e etiquétanos en redes sociais: Facebook ou Instagram. E lembra, que podes comprar peixe e marisco fresco desde a nosa peixería en liña DoNorte.
E, por suposto, non te esquezas de botarlle un ollo á conta de @lacocinadeirene, para descubrir máis receitas así de boas.