Sabías que hai mil e unha maneiras de preparar a pescada? (Pode que mesmo máis). E que, a pescada é un alimento moi versátil, co que podes experimentar dentro da cociña. Hoxe traémosvos un par de ideas dunha das nosas influencers foodies favoritas: Irene (@lacocinadeirene), autora do blog “La Cocina de Irene“.
DoNorte con con dúas salsas
De primeiro temos unha opción de picoteo apta para os principiantes na cociña, pero ben rica: a nosa pescada con dúas ideas de salsa. Anímasche a probar esta receita? Mira como facela!
Fotografía de “La Cocina de Irene”
Ingredientes:
- DoNorte.
- Fariña.
- Unha cucharadita de fermento en po.
- Sal.
- Pementa.
- Aceite para fritir.
Para a primeira salsa:
- Maionesa.
- Zume de pomelo.
- Ralladura de pomelo.
- Azucre glasé.
Para a segunda salsa:
- Maionesa.
- Alga nori.
- Allo.
- Auga.
Preparación:
Salsa 1:
- Mesturamos a maionesa co zume de pomelo ao gusto. Engadimos un pouco de ralladura de pomelo e azucre glasé para corrixir o amargo.
Salsa 2:
- Antes de nada, colleremos unha lámina de alga nori e mollarémola con auga e medio dente de auga.
- Colleremos un morteiro, picaremos esta lámina de alga nori e trituramos. Unha vez triturado, engadimos maionesa ao gusto.
Pescada:
- Cortamos os filetes a tacos e rebozamos en fariña mesturada cunha cullerada de fermento en po, sal e pementa.
- Fritimos en abundante aceite previamente quentado.
- Unha vez fritido, sacamos a un prato con papel absorbente para eliminar o exceso de aceite.
E listo! Tan sinxelo e tan rico… Ideal para unha cea con amigos… pero, ESPERA! Para un bo picoteo, hai algo que nunca pode faltar: CROQUETAS!
Croquetas de pescada DoNorte
Irene tamén nos compartiu unha receita de croquetas coa nosa pescada… Mira que fáciles e que ben quedan!
Fotografía de “La Cocina de Irene”
Ingredientes:
- Lombo de pescada DoNorte.
- Aceite de oliva virxe extra.
- Cebola.
- Fariña.
- Leite.
- Allo.
- Ovo.
- Pan relado.
Preparación:
- Nunha tixola antiadherente, cociñamos o lombo de pescada cun chorro de aceite. Cando estea listo, retirámolo, deixámolo arrefriar e o desmigamos coas mans.
- Na mesma tixola, engadimos unha cantidade de aceite xenerosa e sofreímos as gambas cuns allos laminados. Cando estean listas, retiramos da tixola, pelamos e picamos.
- ¡Imos a por unha bechamel! Aproveitaremos o aceite das gambas, e sofreiremos unha cebola cortada pequeniña en aceite. Cando estea lista, engadimos fariña e deixámola fritir un par de minutos (dinos Irene, que ten que estar toda a fariña impregnada con aceite, para que non nos saian grumos).
- Unha vez sofrita, engadimos aos poucos leite sen deixar de remover ata obter unha masa consistente pero cremosa.
- Engadimos as gambas picadas, a pescada desmigada ( e opcional un pouco de ceboliño picado).
- Corriximos de sal e pementa e deixamos arrefriar. Cando arrefríe, formamos as croquetas con axuda de dúas culleres, pasamos por fariña, ovo e pan relado, fritimos en abundante aceite e… Témolas!
Agora si que si, xa che desvelamos os segredos para facer o mellor picoteo… Só che queda probalo…
Se te animasa preparalas, non te esquezas de subir unha foto e etiquetarnos en redes sociais para que nós podamos velas: Facebook ou Instagram. E lembra, que podes comprar peixe e marisco fresco desde a nosa tenda DoNorte.
Se te animas a preparalas, non te esquezas de subir unha foto e etiquetarnos en redes sociais para que nós podamos velas: Facebook ou Instagram. E lembra, que podes comprar peixe e marisco fresco desde a nosa tenda DoNorte.
Si es así, no te olvides de subir una foto y etiquetarnos en redes sociales para que nosotros podamos verlas: Facebook o Instagram. Y recuerda, que puedes comprar pescado y marisco fresco desde nuestra pescadería online DoNorte.