A marca DoNorte nace para identificar a orixe do noso produto, a pescada de volanta a máis fresca do mercado porque a pescamos na nosa costa e no mesmo día trasladámola ao punto de venda.
Pescada DoNorte é unha etiqueta de orixe, o de Cedeira e Galicia.
E, sobre todo, es sinónimo de calidade e garantía de frescura.
O noso mar ofrécenos peixes e mariscos dos que estar orgullosos. Un deles: pescada DoNorte. Unha pescada de alta calidade tras realizar unha rigorosa selección dos exemplares. En Cedeira saímos a pescar cada día á nosa costa para asegurarche que sexa a máis fresca do mercado. Chega a terra ese mesmo día, a diferenza daquelas capturadas en augas máis afastadas. Imaxínasche saír ti a pescar? Pois o mesmo pero xa pescamos nós por ti.
Do mar directa á túa cociña!
Somos xente DoNorte
De Cedeira, de Galicia. Si, como a nosa pescada. E como ela, temos un carácter e unha personalidade propios, marcados pola dureza do noso mar. Un mar que tanto nos dá pero tamén nos quita. E, con todo, non podemos vivir sen el. E coidámolo. Porque a sustentabilidade e o respecto ao medio ambiente son intrínsecos á xente do mar. Así o sentimos en DoNorte.
Cedeira vive e mira ao mar!
Volanteiros de Cedeira
Pescada DoNorte é a iniciativa dun grupo de armadores de “volanteiros” (pesqueiros coa volanta como arte de pesca) da Cofradía de Cedeira (A Coruña), que nos unimos para poñer en valor a pescada fresca da nosa costa.
Cedeira é o porto de referencia en pesca da volanta na actualidade, cun total de 12 embarcacións e o 20% da pesca total de España.
Volanteiros de Cedeira
Pescada DoNorte é a iniciativa dun grupo de armadores de “volanteiros” (pesqueiros coa volanta como arte de pesca) da Cofradía de Cedeira (A Coruña), que nos unimos para poñer en valor a pescada fresca da nosa costa.
Cedeira é o porto de referencia en pesca da volanta na actualidade, cun total de 12 embarcacións e o 20% da pesca total de España.
Selectiva e sostible
Máis de 60 anos de historia
En 1960 sae ao mar o primeiro barco de volanta en Cedeira. E nesta vila costeira galega perfeccionamos esta arte de pesca, converténdonos en toda unha referencia. Son máis de 60 anos de historia vivindo e respectando o mar, unha historia que non queremos perder e debemos poñer en valor. E facémolo como mellor sabemos: ofrecéndoche a pescada máis fresca do mercado.
Detrás da pescada DoNorte atopamos a tradición pesqueira e o sacrificio da xente do mar. Desde as redeiras ata ao armador, pasando polos mariñeiros.
Todos en Cedeira miramos ao mar, a nosa paixón e forma de vida.