De novo chega a fin de semana e, sabemos que aproveitas para dedicarlle tempo á cociña. Para ti só(a) ou para gozar xunto aos teus. Hoxe traémosche a receita da Pescada DoNorte en salsa verde con ameixas.
Ingredientes (2 persoas):
✔️ 2 lombos de Pescada DoNorte.
✔️ 12 ameixas.
✔️ 100 gr de chícharos.
✔️ 1/2 vaso de viño branco.
✔️ Aceite de oliva virxe extra.
✔️ Perexil picado.
✔️ 1 dente de allo.
✔️ Auga.
✔️ Sal.
Preparación:
1. Empezamos escaldando os chícharos con auga fervendo e sal durante 2 minutos. Escórreos e resérvaos ata o paso 5.
2. Pica ben picadito o dente de allo e dóurao nunha pota cun chorriño de aceite. Só un chorriño!
3. Sazona ao teu gusto a pescada e engádea á pota.
4. Coce o peixe durante un minuto e medio por cada lado para que se faga ben.
5. Engade os chícharos e as ameixas, incorporándolle aos poucos o viño branco e o perexil picadito. A continuación bótalle un vaso de auga.
6. Tápao e cociña a túa receita a lume medio durante 4 minutos. Ata que vexas que as ameixas se abren e a pescada está no seu punto.
Chéiralo? É o éxito do teu prato!
Mestura ben a salsa axitando a pota, pero antes de facelo, quita a pescada para que non rompa! Próbaa que non lle falte sal! E xa tes a Pescada DoNorte con salsa verde e ameixas, lista para servir.
Se te animas a preparala, lembra que temos un sorteo en marcha no que se compartes as túas receitas connosco, poderás gañar 1 das 5 bolsas que regalamos. Anímache! Es #merluzalover?
Aínda non nos segues en redes sociais? Coñece en Instagram e Facebook as nosas novidades. Sorteos e promocións!