Hoxe compartimos contigo unha desas receitas exquisitas, saudables e fáciles de preparar: ‘Pescada DoNorte á prancha con vinagreta’. Preparouna @angierecetas. Convidámosche a visitar a súa conta en Instagram. De 10!
A súa opinión de Pescada DoNorte:
“Cando o produto que temos para elaborar unha receita é de tan alta calidade e tan fresco, é moito mellor non complicarnos e facelo da forma máis sinxela para que non perda o seu sabor tan delicioso.”

Fotografía de @angierecetas
Ingredientes
- Pescada DoNorte
- Pemento verde e vermello
- Ceboliña fresca (ao gusto)
- 1 cucharadita de alcaparras
- Sal e pementa
- Aceite de oliva virxe extra
- Vinagre de Xerez
Elaboración
- Picamos a ceboliña e os pementos, colocámolos nun bol xunto coas alcaparras, aderezamos con sal, aceite e vinagre e reservamos.
- Salpimentamos a Pescada DoNorte e facémola á prancha.
- Empratamos coa vinagreta por encima e xa teremos lista nosa rica pescada con vinagreta.
Receita fácil e saudable con pescada DoNorte.
Pescada DoNorte en redes sociais
Se te animas a preparala, sube unha foto e etiquétanos en redes sociais: Facebook ou Instagram. E lembra, que podes comprar peixe e marisco fresco desde a nosa peixería en liña DoNorte.