Hoxe traémosche unha receita que encanta aos nenos (e non tan nenos…): Palitos de pescada #realfood. Un prato ideal para cociñar cos máis peques.
Ingredientes (4 racións):
✔️ 500 gr de lombos de Pescada DoNorte.
✔️ 125 gr de Philadelphia.
✔️ Pan relado.
✔️ Aceite de oliva virxe extra.
✔️ Sal.
✔️ Ovos.
✔️ Fariña.
✔️ Cortiza de limón.
Preparación:
1. Empezamos triturando moi ben a pescada.
2. Engadimos a Philadelphia, a ralladura de limón (sen chegar á parte branca!) e un pouquiño (só un pouquiño) de aceite. Mézclamos ben ata conseguir unha masa.
3. Gárdaa na neveira aproximadamente 1 hora, despois será máis fácil traballala.
4. Coa mestura fría, dálles forma ás varitas! Bota algo de fariña nas mans para que non se che pegue ás mans.
5. Reboza os palitos en ovo, a continuación en fariña e para terminar en pan relado.
Listo. Prato fácil e rico!
Se te animas a preparala, lembra que temos un sorteo en marcha no que se compartes as túas receitas connosco, poderás gañar 1 das 5 bolsas que regalamos. Anímache! Es #merluzalover?
Aínda non nos segues en redes sociais? Coñece en Instagram e Facebook as nosas novidades. Sorteos e promocións!