Hoxe queremos falarvos de SOMOS TRIBU, unha rede de apoio mutuo veciñal ante as consecuencias sanitarias, económicas e sociais do COVID-19. Entre as múltiples accións que levan a cabo, encárganse de realizar reparticións de menús diarios e cestas de comida semanais entre os veciños dos barrios de ‘ Vallekas’, en Madrid.
Desde Juan García Pesca e DoNorte, consideramos imprescindibles este tipo de iniciativas e, sendo conscientes de que non todas as familias poden acceder habitualmente á adquisición de peixe, poñemos o noso granito de area para que o noso produto poida entrar en todas as casas.
Convidámosvos a colaborar con Somos Tribu ou calquera outra asociación que leve axuda aos fogares máis desfavorecidos nestes momentos tan difíciles para todos. Coñece máis sobre SOMOS TRIBU no seu Instagram.
Queres colaborar?