Hoxe traémosche novidades frescas (como as nosas pescadas)! E, é que damos a benvida a unha nova sección no blogue, dedicada ás receitas preparadas polas nosas influencers foodies favoritas. Hoxe é a quenda de Silvia (@silviamdt), autora do blogue ‘Mi dulce tentación.‘
Canelones de pescada DoNorte
Primeiro, tráenos unha receita sinxela para dúas persoas, pero… ben rica! Uns canelones recheos de mar… E é que non necesitas ser un fora de serie na cociña nin gastar moitos cartos para comer ben, tan só 30 minutos e unha pescada da nosa tenda DoNorte.
Fotografía de ‘Mi Dulce Tentación’
Ingredientes:
Para o recheo:
- 250 g de lomos de DoNorte.
- 3 gambones.
- A carne de 6 mexillóns grandes.
- 25 g de queixo parmesano relado.
- 1/2 vaso de viño branco.
- 1 folla de loureiro.
- 25 g de manteiga
- Un chorrito de limón.
- 225 g de leite.
Preparación:
- Cocemos a pasta dos canelones en auga salgada durante o tempo que indique o fabricante.
- Unha vez cocida, refrescamos e colocamos sobre un pano húmido. A continuación cubrímolo con outro pano húmido (así evitamos que se reseque).
- Imos co recheo! Cocemos a pescada no viño, o chorrito de limón, a folla de loureiro e o sal durante 8 minutos.
- Escorremos, reservamos o caldo, e limpamos a pescada de pel e espiñas. Despois a desmenuzamos.
- Limpamos os gambones, partímolos e facémolos lixeiramente á prancha.
- Fundimos a manteiga nunha tixola, agregamos fariña e removemos para que se toste.
- Engadimos o caldo de cocción da pescada máis o leite e mesturamos ata que se vaia espesando. Botamos un pouquiño de sal.
- Reservamos a metade desta bechamel (utilizarémola máis adiante para o gratinado) e á outra metade, agregámoslle os gambones, os mexillóns partidos e a pescada. Mesturamos.
- Enchemos os canelones.
- Depositamos no prato ou bandexa de presentación. Cubrimos co resto da bechamel e espolvoreamos o queixo relado.
- Gratinamos ata conseguir o dourado que máis nos guste.
E agora só queda gozar de receita para dúas persoas de Silvia de ‘Mi Dulce Tentación’! Bótalle un ollo ao seu Instagram, para poder gozar de máis receitas como esta.
Pero… Que non é suficiente para unha comida familiar? Non pasa nada! Silvia tamén nos trae fideuá de luriñas. Para 8 persoas, e en tan só 45 minutos!
Fideguá de luriñas con fumet de DoNorte
Fotografía de ‘Mi Dulce Tentación’
Ingredientes:
Para o Fumet de peixe:
- A espiña central e cabeza da pescada DoNorte.
- 2 cenorias.
- 3 allos porros (pero só a parte verde).
- 2 follas de loureiro.
- 2 litros de auga.
- Sal.
Para la fideuá:
- 300 g de fideo do número 4.
- 300 g de luriñas limpas e cortadas en aros.
- 1 cebola.
- 3 dentes de allo.
- 1 bote de tomate natural cortado en dados ou 1 tomate grande relado.
- 1/4 cucharadita de pemento doce.
- Salsa alioli.
- Sal.
- 1400 ml do fumet de pescada.
Preparación:
- O primeiro é o primeiro… Elaborar o fumet! Para iso, poñemos todos os ingredientes nunha cazola ampla. O allo porro ha de estar limpo e as cenorias peladas e cortadas en dúas.
- Unha vez que rompa a ferver a auga, quitamos a escuma da superficie (son as impurezas do peixe e das verduras). Deixamos cocer uns 40 minutos. Coamos e reservamos.
- Imos coa fideuá… Empezamos rehogando cebola picada finamente. Agregamos o allo finamente picado cando a cebola estea transparente.
- Engadimos un par de culleradas de alioli e o tomate. Mesturamos ben e deixamos reducir.
- Agregamos as luriñas e as rehogamos lixeiramente. Incorporamos pemento, un pouco de caldo de pescada e deixámolos cocer 5 minutos.
- Noutro recipiente, botamos os fideos e tostámolos lixeiramente.
- Engadimos os fideos á preparación dos chirriones e o resto do fumet.
- Salgamos ao gusto.
- Cando se evapore todo o caldo, apagamos o lume, tapamos e deixámolo repousar uns 2 minutos.
- Este punto é opcional… pero recomendámosche degustalo con salsa alioli.
E listo! Agora que xa sabes a teoría, só che queda meterche na cociña para facer estas receitas de rechupete de ‘Mi dulce tentación.‘
Queremos ver como che quedan! Se te animas a preparalas, sobe unha foto e etiquétanos en redes sociais: Facebook ou Instagram. E lembra, que podes comprar peixe e marisco fresco desde a nosa peixaría en liña DoNorte.